Cambiar contrasinal de root

4/22/2016

1. Accedemos á aplicación Terminal: "Menú aplicativos - Emulador de Terminal"

2. Despois do símbolo $ escribimos su e prememos a tecla intro

3. O terminal preguntará pola Password e escribimos o contrasinal actual de root

Seguidamente engadimos a seguinte instrución:

passwd root

E escribimos o contrasinal de dúas veces (atención, cando engades caracteres non aparece nada en pantalla, pero están sendo inseridos)

Se quixéramos cambiar a password do usuario "usuario", faríase do mesmo xeito, pero modificando root por usuario:

passwd usuario

 


Leave Comment