Configurar a barra do Plank de maneira sinxela

5/10/2016

O máis sinxelo para proceder coa colocación do plank nou posición, dándolle fondo transparente, se o creemos necesario é mediante a orde:

plank --preferences

Ábrese a seguinte fiestra na cal configuramos o plank:

 

Necesidade dun aprendizaxe invisible

John Moravec | 5/10/2016

Interesante artigo sobre a necesidade dunha aprendizaxe invisible na aula. A sociedade necesita traballadores nómadas de coñecemento (knowmadic workers), o que eu defino como traballadores todoterreo. A robótica en menos dunha década vai impoñer cambios drásticos a nivel laboral e como consecuencia a nivel social. A escola debería de prepararse para este tsunami, que tarde ou cedo chegará con toda a súa forza.

 

Aprendizaxe social en rede

5/10/2016

A aprendizaxe non é só cuestión da escola. As empresas son cada vez da conveniencia do aprendizaxes informal dos seus traballadores como panca de cambio.

Neste artigo explícano moi ben.

Penso que sería moi importante que os docentes compartíranos os nosos traballos e experiencias. Con probabilidade sería equivalente a engadirlle un novo motor á innovación do ensino público. E iso non depende da administración (que non deixamos de ser administración), senón de nós os docentes rasos.

A tiza nunca falla

5/7/2016 | Comments: 2

Traio hoxe unha conversa simpática. Esta tivo lugar entre Víctor, un gran compañeiro que teño polas terras de Carnota e máis eu. Este diálogo tamén amosa o gran traballo que fan os coordinadores nos centros. Velaquí vai:

Víctor:

...

Al final los profes se cansan y siempre que propones algo, la primera respuesta es: "la tiza nunca falla" aunque, es verdad, que poco a poco se van haciendo cositas. Este curso nos montaron dos aulas digitales, aunque ahora las tenemos con una incidencia que desde la UAC no aciertan a arreglar.

Las TIC son una herramienta muy interesante pero creo que sin que los profes cambiemos hábitos y salgamos un poco de nuestra zona de confort no dejarán ser más de lo mismo. Me da igual que yo haga un dibujo con tiza o que lo haga en formato digital. Para mí, la introducción de las TIC en la docencia ha de ir acompañada de un cambio en los profes para que los alumnos aprendan mejor, porque en definitiva, lo importante no es que nosotros enseñemos sino que ellos aprendan.

...

Martín:

...

Efectivamente, Víctor, a tiza nunca falla...pero chega ata onde chega. Contábame meu avó da cantidade de críticas que se lle facía aos primeiros tractores cando araban na agra de Baio os días da feira. Era a técnica que empregaban os áxiles vendedores da época. Dicía daquela a xente que a terra non quedaba tan ben como aquela que se traballaba a man. O traballo do sacho era moi superior ao do tractor.

...

Víctor

Me apunto la comparación tractor-sacho para usarla en TIC-tiza... ;

Saludos!!!!

...

 

 

 

Patelo. Transmite a emoción do amor pola mecánica naval.

5/7/2016

O señor Patelo é un mecánico naval, hoxe xubilado, pero corazón no mar. Ten miles de visitas aos seus vídeos nos que nos amosa como constrúe motores miniatura. A min o que máis me emociona é como transmite a información, na que en cada palabra venme á mente esas viaxes interminables navegando polos océanos, metido entre grasa e ruído, e seguramente pensando a diario nos seus. Sen dúbida un magnífico exemplo de amor a unha profesión.

http://www.fogonazos.es/2016/04/patelo-realiza-su-sueno-la-sala-de.html

 

Un traballo por proxectos documentado polos rapaces

Arduino | 5/7/2016

Un exemplo dun traballo por proxectos, cando traballaba no IES de Brión. Foron os alumnos os que documentaron o proxectos, o deseñaron e o construíron. Eu só fun o guía no proceso de aprendizaxe. Con este traballo os rapaces aprenderon algo de programación, deseño cun programa cad, traballar no taller, electrónica dixital e deseño web. Pero tamén a traballar en grupo, a respectalas ideas dos compañeiros, a procurar información na web, etc

http://atio.es/arduino/

 

14 libros de Paulo Freire

pdf | 5/5/2016

Geogebra-tube

5/4/2016

En geogebra tube dispoñemos dunha fonte moi importante de contidos para a nosa aula. Ten un buscador, mediante e cal podemos procurar moitísimas aplicacións.

 

Protocolo para a solicitude de Agueiro para un centro

Agueiro | 5/2/2016

Protocolo que deben seguir os centros educativos que queiran dispoñer dunha "Comunidade Educativa Virtual" dentro de Agueiro:

  1. O centro educativo debe enviar unha solicitude por correo electrónico, dirixida a "agueiro[-arroba-]edu.xunta.es", de acordo cos seguintes criterios:
    • É imprescindible que a solicitude chegue remitida desde o correo "edu" do centro educativo.
    • Non se admitirán solicitudes remitidas desde as contas de correo persoais dos profesores nin desde ninguha outra conta de correo distinta á conta de correo corporativa do centro educativo.
    • No texto da solicitude deberán indicarse os seguintes datos do centro solicitante: Código do centro + Nome do centro
    • No texto da solicitude tamén deberán indicarse os datos de contacto de un profesor/a do centro educativo que será o responsable da "Comunidade Educativa Virtual" deste centro dentro de Agueiro.
      Os datos de contacto que se indicarán son os seguintes:  Nome completo do profesor/a  + conta de correo "edu" do profesor/a.
    • A conta de correo "edu" do profesor/a designado como responsable do proxecto no centro é un dato obrigatorio, de maneira que non se admitirá ningunha outra conta de correo electrónico distinta a esa.
    • Este profesor/a designado como responsable para esta nova Comunidade Educativa Virtual, asumirá o rol de "administrador" da súa comunidade e actuará como persoa de contacto no centro en todo o relacionado co proxecto Agueiro.

Manuais dalgunhas das aplicacións da maqueta

Maqueta Abalar v.5 | 5/2/2016

Na seguinte ligazón podes acceder a varios manuais das diferentes aplicacións que están instaladas na maqueta de Aulas Dixitais: Epoptes, OpenSankoré, k3b, Audacity, Videolan, Gimp, Openshot, etc

http://www.edu.xunta.es/centros/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=28

Correo edu no móbil

configuración | 4/27/2016
Entrada:
Escollemos a opción de imap
Sinalamos o contrasinal: ****
En servidor por defecto pon edu.xunta.es. Debemos de cambialo por imap.edu.xunta.es
Porto: 993
Tipo de seguranza: SSL/TLS (aceptar tódolos certificados)
 
Saída:
Servidor smtp: smtp.edu.xunta.es
Porto 1025
Tipo de seguridade: STARTTLS (aceptar tódolos certificados)

Proyecto parental, gestación y sentido de vida

Mario Tormo e Olivia Pérez | 4/27/2016

Proxecto parental, xestación e sentido de vida.

Sen dúbida un magnífico libro que recomendo a calquera persoa, pero especialmente a aqueles que desexen ten un fillo ou aquelas persoas que traballan a diario cos nenos. Mario e Olivia amósannos como podemos coñecer os programas que dirixen a nosa existencia, os cales conforman a nosa biografía oculta.

Para mercalo pódelo facer na páxina de Bubok

 

 

Redes: Aprender a xestionar as emocións

4/27/2016

Novo paquete de actualización maqueta aulas dixitais

kits-update_1.3 | 4/25/2016

Acaba de publicar un novo paquete actualizador da maqueta Abalar. Trátase da 1.3

Podes atopalo na Aula Aberta Abalar

http://www.edu.xunta.es/centros/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=82

Para instalalo podes seguir as seguintes instrucións:

http://www.edu.xunta.es/centros/abalar/aulavirtual/mod/resource/view.php?id=2715

 

 

Novo usuario con acceso automático

Lightdm | 4/25/2016

Se cambiamos de usuario e queremos que accede de forma automática, sen tes que inserir o contrasinal debemos de editar con dereitos de root o seguinte ficheiro:

mousepad /etc/lightdm/lightdm.conf

Temos que modificar as seguintes liñas:

autologin-user=usuario (cambiar usuario polo nome do novo usuario)
autologin-user-timeout=0

Pero  non chega con reiniciar. Debemos de cargar a configuración de lightdm de novo. Para iso tecleamos a seguinte orde:

dpkg-reconfigure lightdm

 

Children 4 animals. El cuarto Hocico

Céar Bona | 4/23/2016

La importancia de llamarse Applewhite

César Bona | 4/23/2016

Os rapaces de Brión amosan o seu robot gañador da OSHWDem 2015

OSHWDem 2015 | 4/23/2016

Manipular Geogebra con Javascript

by Horacio González Diéguez | 4/23/2016

Maqueta ISO para descargar

4/22/2016

Amtega pon a disposición unha maqueta similar á que se está instalando en aulas dixitais.

Descargar iso

 

Cambiar contrasinal de root

4/22/2016

1. Accedemos á aplicación Terminal: "Menú aplicativos - Emulador de Terminal"

2. Despois do símbolo $ escribimos su e prememos a tecla intro

3. O terminal preguntará pola Password e escribimos o contrasinal actual de root

Seguidamente engadimos a seguinte instrución:

passwd root

E escribimos o contrasinal de dúas veces (atención, cando engades caracteres non aparece nada en pantalla, pero están sendo inseridos)

Se quixéramos cambiar a password do usuario "usuario", faríase do mesmo xeito, pero modificando root por usuario:

passwd usuario

 

Cargar o driver minimizado de Multiclass ao inicio

Muticlass | 4/22/2016

Debemos de cargar esta instrución ao inicio da sesión:

kstart --iconify --window 'IWB Driver' /usr/bin/iwbv7/IWB_Driver.sh

Seguindo as seguintes imaxes, podes facelo de maneira sinxela:

 

 

O proxecto Descartes está vivo

Proxecto Descartes | 4/20/2016

O proxecto descartes está vivo. No seguinte enderezo podes observar o seu traballo para a área de física, esta vez si, en formato html5

http://proyectodescartes.org/Telesecundaria/

http://proyectodescartes.org/Telesecundaria/fisica.htm

 

Recursos Educativos Procomún

Procomún | 4/19/2016

Recursos Educarex

Xunta de Extremadura | 4/19/2016

Repositorios Espazo Abalar

Espazo Abalar | 4/19/2016

Formación documental na rede

IES de Brión | 4/19/2016

Informacións sobre fontes documentais, recursos, ferramentas, aplicacións, experiencias, titoriais, referencias, e achegas e reflexións arredor do acceso á información na rede.

https://formaciondocumentalnarede.wordpress.com/

Recopilación de enlaces Web 2.0

Pedro Cuesta | 4/19/2016

Interesante recopilación de enlaces na web 2.0 elaborada polo profesor Pedro Cuesta

http://pcuesta.webs.uvigo.es/enlaces/index.htm

Solución aos problemas cos mp3 e cos vídeos en Open-Sankoré

Open-Sankoré | 4/18/2016

Debes de actualizar unha librería para poder escoitar os mp3 e ver os vídeos correctamente en Open-Sankoré

Renomeamos a librería antiga de phonon

sudo mv /usr/local/Open-Sankore-2.5.1/plugins/phonon_backend/libphonon_gstreamer.so  /usr/local/Open-Sankore-2.5.1/plugins/phonon_backend/libphonon_gstreamer.so.old

Fas en enlace virtual

sudo ln -s /usr/lib/i386-linux-gnu/qt4/plugins/phonon_backend/phonon_vlc.so /usr/local/Open-Sankore-2.5.1/plugins/phonon_backend/phonon_gstreamer.so

Empregar os estilos en Writer

4/10/2016

Nos seguintes atallos dispoñemos dun libro no cal explican en profundidade como empregar os estilos.

En odt

http://designingwithlibreoffice.com/?smd_process_download=1&download_id=177

En pdf

http://designingwithlibreoffice.com/?smd_process_download=1&download_id=145

 

Unha práctica, paso a paso:

  1. Descargamos un ficheiro elaborado por un docente sen un formato definido. Vexamos cales son os erros e cales son as melloras que lle podemos dar.

 

  1. O primeiro que facemos é gardar o documento co nome asperger_con_formato.odt
  2. Seleccionamos todo e asignamos idioma galego, no caso de que non o tivera asignado. Correximos algunha falta de ortografía co corrector automático (botón dereito do rato).
  3. Configuramos os marxes
  • Formato - páxina: Esquerda: 2.50, Dereita 2, Arriba 2 e Abaixo 2 cm.
 
  1. Creamos a portada do documento
  2. Estilos aos títulos e subtítulos
  3. Modificamos o estilo dos párrafos
  4. Índice
  5. Esquemas de numeración
  6. Engadimos columnas
  7. Hipervínculo
  • Agregamos un hipervínculo no primeiro apartado, vinculado Transtorno de Espectro Autista á definición da wikipedia http://gl.wikipedia.org/wiki/Autismo
  • Seleccionamos o texto e prememos en Inserir - Hiperligazón. Pegamos o enderezo.
  1. Creamos unha nota no pé da páxina, co termo TEA, que aparece no primeiro apartado,  co enderezo da Asociación galega de Ásperger http://www.asperga.org/
  • Situámonos despois de TEA e Inserir - Nota a rodapé/nota final
  1. Engadimos notas ao marxe
  2. Encabezado (Departamento de Orientación) e Numeración no pé da páxina
  3. Creamos un pdf do documento
  4. Gardámolo traballo como odt, doc, docx

  

E ao final, pode quedar algo así: Asperger_final.odt

E en formato pdf: Asperger_final.pdf

 

 

 

Actualizar o XScreenSaver

4/10/2016

O programa de control do protector de pantallas avisa de que a versión é moi antiga. Se desexas actualizar á versión 5.34, podes facelo a instalando o seguinte ficheiro, que nos proporciona o desarrollador Jamie Zawinski na súa páxina web

http://ftp.de.debian.org/debian/pool/main/x/xscreensaver/xscreensaver_5.34-2_i386.deb

Actualizar o LibreOffice á versión 5.1.2

4/10/2016 | Comments: 1

O máis sinxelo é executar un script. Para iso seguimos os seguintes pasos:

1. Descargamos o seguinte script. Descargámolo na carpeta Descargas

2. Abrimos o terminal

3. Logeamonos como root

su root

4. Entramos na carpeta na cal descargamos o ficheiro

cd /home/usuario/Descargas

5. Dámoslle permisos de execución ao ficheiro

chmod +x libre.sh

6. Executamos o script

./libre.sh

 

Comezamos!

4/10/2016

Introdución ao kit das Aulas Dixitais

Xornadas de formación - 2016

IES Antonio Fraguas Fraguas - IES Alfredo Brañas