URL Secretas

 

Podemos enriquecer a metodoloxía de proxecto coa publicación de contido. Os alumnos despois de elaborar a documentación sobre o proxecto, publicando as súas páxinas web pódenas facer públicas aos membros da comunidade, aos grupos aos que pertence ou a un usuario determinado. Sen embargo hai veces que é interesante que os alumnos fagan públicos os seus traballos en Internet, de xeito que calquera persoa poida visualizar os seus contidos, e así posibilitando enlazalos desde unha páxina web ou blog.

Pero tamén hai a outra cara da moeda, que é o emprego inadecuado desta ferramenta. Un usuario pode empregar Agueiro para colgar páxina cun contido non axeitado a un centro de ensino.

En todo caso, o usuario administrador ten un listado de tódalas páxinas creadas, polo que pode revisar o contido das mesmas de forma periódica, podendo editala, ben modificando o contido ou eliminado a URL Secreta ou ben suprimindo directamente a páxina. Se o administrador elimina a URL, aínda que se volva a crear xa non será a mesma URL, polo que se a páxina foi colgada nunha rede social quedará sen conexión. Polo tanto, creo que é positivo que os alumnos teñan a posibilidade de crear url secretas, pois sempre hai un mecanismo de control para evitar contido inapropiado.

Por iso, pódese configurar Agueiro para permitir ou non a posibilidade de compartir de forma pública coa rede. Para iso o usuario administrador ten que ir a Comunidades/Axustes

E accede á páxina de configuración da comunidade

E activar ou ben desactivar o check seguinte:

Se a comunidade activa o check para posibilitar a publicación de contido de forma pública en Internet, calquera páxina pode xera unha URL Secreta, pinchando en Portafolio/compartido por min.

No caso de querer crear unha URL secreta dunha páxina dun grupo, debemos saber que calquera usuario do grupo pode crear a URL, xa que tódolos compoñentes do grupo teñen os mesmos dereitos. Para creala, pinchamos no grupo e seguidamente en compartir. Se hai algunha URL secreta creada xa aparece na ventana.

 

 

E desde o navegador poden acceder a unha páxina, cunha apariencia similar ao entorno de Agueiro, pero obviamente sen as funcionalidades do portafolio dixital.