Grupos e a súa finalidade

 

 

Unha maneira de organizar os centros educativos é mediante a creación de grupos. Cada grupo ten o seu conxunto de profesores e impárteselle unha docencia específica. En Agueiro tamén se pode organizar deste xeito. Pódense crear tantos grupos como queira a Comunidade, podendo facer unha organización por cursos académicos: 1ºA, 1ºB, etc, por actividades de centro: Xornal dixital, clube de lectura, etc. Pero ademais, permite a creación dun grupo común para varios centros, que pode servir para unha experiencia didáctica intercentros. Polo tanto, os grupos poden pertencer a unha Comunidade ou a varias.

Un docente ou un alumno pode pertencer a varios grupos, pero só poden pertencer a unha soa Comunidade. Como vemos é igual que na vida real, xa que un profesor só imparte docencia nun centro (por norma xeral), e un alumno só pode estar matriculado nun centro educativo. Iso sí, o alumno pode estar no grupo 3ºA, e ademais pertencer ao clube de lectura, por exemplo. E o docente pode impartir informática en 1º de bacharelato, e tecnoloxía industrial en 2º.

 

Polo tanto os grupos serven para organizar a Comunidade.

Quen pode crear un grupo?

Un grupo pode ser creado polo usuario Administrador da comunidade e tamén por calquera usuario con perfil de Xestor, é dicir, calquera docente da comunidade.

Cantos roles hai nun grupo?

Cando se crea un grupo o usuario que a crea pasa a ser o administrador do grupo. Este Administrador de grupo, que a súa vez pode ser Administrador da comunidade ou ben un xestor, é o encargado de asignarlle os usuarios ao grupo e definir o rol no grupo.  Polo tanto nos grupos temos os seguintes roles:

 

Administrador do grupo. Un ou varios. Pode ser calquera docente (usuario xestor) ou o Administrador da comunidade.
Usuario titor (optativa a súa existencia). Un administrador pode convidar a un compañeiro docente ao seu grupo, para que poda consultar ficheiros do grupo (que pode ser que non interese que sexan visualizados polos alumnos, ou si), que poida moderar os foros, etc. Sen embargo o administrador do grupo non lle permite administrar o mesmo (ben porque non se fía das habilidades do compañeiro, ou porque non lle peta).
Membro do grupo. Serían os alumnos que poden visualizar ou editar nas páxinas do grupo ou ficheiros se o administrador lle da os permisos necesarios.