OBXECTIVO DA PRÁCTICA

Nesta práctica o docente crea unha páxina no portafolios para levar o control dun grupo. Non terán acceso os alumnos á información.

Para a construción do portafolios, empregaremos varios artefactos: un documento de google, notas, e cartafol

Unha vez que o docente remate o seu traballo, decide que quere compartilo (con copia) cun amigo, para que aproveito o traballo xa feito e incluso o poida mellorar.

 

1. Clic en portafolio. Nova páxina

  • Clic en "Modificar estrutura". Escollemos a seguinte estrutura

  1. Na parte superior incrustaremos o caderno do profesor.
  • Accedemos á páxina de @jfeliua  
  • Escollemos a plantilla que mellor se nos axusta, en función do número de sesións por semana. Neste práctica escollo esta
  • En Drive, clic en Archivo/Crear unha copia. Gradamos co nome que lle queiramos dar, aparecendo nos nosos documentos de Drive
  • Abrimos o documento, pero xa no nosa conta de Drive. Poderíanos personalizalo e traducilo, pero neste caso non o vamos a facer.  Clic en Archivo/Publicar na web/Iniciar Publicación

  • Copiamos o código que xera

  • Agora xa en Agueiro, dentro de "Modificar contido" do noso portafolio, arrastramos á primeira cela o artefacto de Google Apps

 

  • Engadimos un título: "Caderno do profesor", e pegamos o código

  • Clic en gardar e listo, para ver o resultado.

  1.  Na segunda cela engadimos un artefacto Nota, para facer as anotacións que queiramos, como data de exames, entrega de traballos, etc
  • Arrastra á esquerda o artefacto Nota

  •  E engadimos calquera anotación que queiramos. Pero este artefacto tamén nos vale para engadir o texto que queiramos no portafolio, enlaces de interese, incluso con imaxes ou xuntando ficheiros. Por exemplo un aviso de data de exame.

  • Gardamos e vemos o resultado

 

  1. Por último, é moi cómodo para os docentes ter á man os presentacións ou os pdf para proxectar no aula, exames, etc. Por iso engadimos o artefacto Cartafol, que apuntará  a unha carpeta do docente do seu espazo privado na cal terá o repositorio de contidos do docente, que terá ordeados en carpetas e subcarpetas
  •  En primeiro lugar creamos a carpeta no espazo persoal. Chamarémoslle "Repositorio"

  • Creamos o cartafol Repositorio, e dentro del os cartafoles Exames e Presentacións

  • Arrastramos á ultima cela o Artefacto "Cartafol", e apuntamos ao sitio persoal, e dentro del á carpeta Repositorio

 

O resultado pode quedar parecido ao seguinte:

  1. Ata o momento temos elaborado un cartafol privado. Só o usuario docente o pode visualizar. Pero o docente decide compartir o seu traballo con outro docente da rede Agueiro (doutra comunidade), pero en formato copia, para que poda mellorar a páxina, aínda que esta páxina non se presta nada, pero vale de exemplo para calquera unidade didáctica creada.
  • Ir a compartir páxina

  • Procuramos usuarios

  • E buscamos ao usuario Martín Pardiñas (abalar.cee)

  • Pero ademais temos que ir a opcións avanzadas para compartir en modo Copia

 

A posibilidade de compartir unidades didácticas entre os docentes da rede Agueiro é fundamental. Permite o traballo en equipo entre os docentes.