Cada vez son máis populares os servizos de almacenamento de ficheiros na nube. Hai numerosas empresas que nos "agasallan" con espazo gratuíto, para que subamos os nosos ficheiros e datos persoais. Estas empresas privadas fan negocio co manexo de información que os usuarios lle ofrecen.

 

 

1. Clic en os meus ficheiros

2. Crea un cartafol para a unidade didáctica 01

 

3. Subimos un ficheiro ao cartafol recén creado. Por exemplo podes descargar este ficheiro e subilo á carpeta. Para subir os ficheiros podemos premer en subir ficheiros ou ben arrastrando os mesmo.

E o xestor de ficheiros queda coa seguinte apariencia:

Ata aquí o usuario tería na súa nube persoal e privada as diferentes carpetas e ficheiros subidos. 

 

4. Engadir o ficheiro a un portafolio

  • Crea un portafolio chamado Unidade didáctica 01

  • Clic en "Modificar estrutura". Escollemos unha soa cela

 

 

  • Clic en "Modificar contido", e da barra esquerda escolle o bloque Ficheiros, Imaxes / Ficheiro PDF

 

  • Escollemos a cela e gardamos (neste caso só temos unha)

  • Selecciona en primeiro lugar a zona da cal quere descargar: da seu espazo persoal, dos ficheiros do grupo, da comunidade ou do sitio

  • Elixe a carpeta, e finalmente clic en Selecciona:

             No caso de que queiras eliminar arquivos que seleccionou equivocadamente, na parte superior da fiestra pode clicar en Eliminar.

 

 

E esto é o que visualizaría o alumno:

 

 5. Comparte esta páxina web co grupo da túa área que creaches no apartado 4. Para iso editamos o portafolio.

  • Clic no botón "Compartir páxina"

  • Comprobamos que está seleccionada a páxina a compartir, e escollemos o grupo co cal queremos compartir.

En opcións avanzadas pódese configurar se o docente permite comentarios, se os permite pero moderándoos e se permite a copia.

6. Accedemos como alumno e comprobamos que visualizamos a páxina do grupo.