Agueiro permite ao usuario a creación dun portafolio persoal. Trátase dun documento completo da traxectoria do usuario. A diferencia dun currículum, no caso do portafolio o usuario non procura un resumo, senón o contrario, extenderse para amosar os logros, habilidades e experiencias dunha forma detallada e completa.

En canto á privacidade, non principio os datos que engadamos ao currículo están na zona persoal, polo que son privadas. Unha vez que o usuario decida compartilas, decidirá con quen o fai: comunidade, grupos, usuarios específicos ou ben facelo público á rede Internet, empregando as URL Segredas.

1. Clic en Currículo

 

2. O usuario completa os apartados do currículo

O usuario non ten porque cubrir tódolos apartados do currículo, ben porque non ten nada relevante que mencionar o simplemente porque non quere facer un currículo tan extenso. Por exemplo, en Educación e emprego podería engadir algo así:

Como podemos visualizar, podemos ir completando o currículo ao longo do tempo, podemos engadir ficheiros adxuntos, como poden ser os títulos, contratos, vida laboral, etc.

Unha completados, o usuario ten un currículo creado, sen embargo é privado. Vexamos como facelo visible:

3. Clic en Portafolio

E creamos unha nova páxina, na cal engadiremos datos do currículo:

Procedemos a darlle o nome a páxina, eliximos estrutura e agregamos contido. No menú da esqueda o usuario pode escoller o apartado de información persoal.

Como observamos podemos engadir o Currículo completo ou ben unha sección do currículo que nos interese

 

4. Compartimos a páxina, para que sexa visible o currículo pola comunidade. Para iso clic en compartir páxina:

 

A. Escollese a páxina a compartir

B. Neste caso o usuario elixe a súa comunidade. Pero tamén podería elixir os grupos ou ben compartir o seu currículo cun usuario determinado.

5. Pero se o que queremos é que o noso currículo sexa visible desde internet, para enviarllo a unha empresa, teremos que empregar as URL Secretas. Para iso vamos ao apartado Portafolio/compartido por min, eliximos a páxina (neste exemplo currículo), e prementos en URL secreta

clic en engadir                                                                                                       

E Agueiro facilita a URL para acceder desde o navegador, e desde fóra da rede Agueiro ao currículo: