Cal é o noso obxectivo?

 

1.- Clic en Portafolio / modificar contido e estrutura da páxina do taboleiro

 

 

2.- Personalizamos a estrutura da páxina. A seguinte imaxe é a estrutura que procuramos, de 4 filas e 2 columnas

Para acadar esta estrutura, seguimos os seguintes pasos:

a.- clic es Moficiar estrutura/opcións avanzadas

b.- Crear páxina personalizada

c.- Engadimos as filas, e dámoslle o tamaño, segundo a imaxe seguinte. Finalmente clic en "Crear esta  páxina"

d.- Deste xeito pasa para a parte superior, para a galería de estruturas dispoñibles. Finalmente clic en botón Gardar

 

Elemento 1. Panel de control

O panel de control é un cadro cun conxunto de accesos directos dentro de Agueiro.

É opcional súa visualización. Se o cerramos, para visualizalo de novo debemos de ir a axustes

 

Elemento 2. Artefacto Imaxe

É cómodo para o docente ter a man o horario.

1. Creamos unha carpeta chamada imaxes

2. Seleccionamos o cartafol e subimos o ficheiro

3. Edita a páxina do taboleiro. Para iso clic en Portafolio/Páxinas, finalmente clic en editar na páxina do taboleiro:

 

4. Eliximos o artefacto imaxe a arrastrámolo ó primeiro recadro (fila 1, columna 1)

5. Escollemos a imaxe horario

 

 

Elemento 3. Mensaxes recibidas

Podemos engadir un cadro cas imaxes recibidas por parte dos usuarios de Agueiro.

1. Edita a páxina do taboleiro. Para iso clic en Portafolio/Páxinas, finalmente clic en editar na páxina do taboleiro:

 

2. Elixe o artefacto "A miña bandexa de entrada", do bloque de artefactos "Xeral"

Arrastramos á cela (fila 2, columna 1), e seleccionamos os tipos de avisos dos cales queremos ter constancia no taboleiro. Neste caso seleccionamos tódolos apartados, agás o último, que é indicado para o caso dos debates nos foros.

 

O resultado pode quedar algo así:

Elemento 4. Debates que sigo

Neste caso só temos que procurar o artefacto e desplazalo á cela que corresponde a fila 3, columna 1

Non hai nada que configurar

 

Elemento 5. Contido externo RSS

Agueiro tamén serve de lector de RSS, pero cunha importantísima limitación: non funcionan as fontes RSS externas á Xunta. Por iso, só vamos a engadir a RSS ao portal educativo

Arrastramos o artefacto Contido externo, que está integrado no bloque fontes externas:

En localización fonte escribimos o seguinte: http://www.edu.xunta.es/web/rss

Este é o resultado:

Elemento 6. Nota

Este artefacto co nome Nota non ten nada que ver coas posibles notas de avaliación dos alumnos. Agueiro non ten ferramentas para crear actividades para os alumnos nin para o control de avaliación dos mesmos.

O artefacto nota serve para facer anotacións. Podemos empregalo para emular en parte ao software como o evernote.com ou o google keep, pero tamén o podemos empregar para inserir un texto, coas súas imaxes, enlaces, táboas e xuntar ficheiros. É un completo editor web.

  

Podemos empregar este artefacto ao estilo post-it, para poñer anotacións e así lembrarnos de datas de exames, claustros, gardas de patio, etc.

Escollemos o artefacto Nota e desprazámolo á cela correspondente á intersección da fila 1, coa columna nº2

 

Tamén permite xuntar ficheiros ou aproveitar o contido doutra nota.

 

Elemento 7. Plan

O artefacto Plan serve para incrustar nunha páxina web un plan que teñamos deseñado no noso espazo. Para crear un plan, tal e como se explica na páxina, temos que premer en:

E seguidamente ir agregando tarefas, coa data límite de execución ata que confeccionamos o plan:

Para incrustar un plan nunha páxina, arrastramos o artefacto plan. Neste caso facémolo a cela que resulta da intersección da fila 2 coa columna 2

Seleccionase o plan que queiramos incrustar na web

E pode quedar algo así:

 

 

Elemento 8. Xestor de ficheiros

Ter un xestor de ficheiros a man e de forma continua é moi cómodo. Neste caso agregamos o artefacto cartafol.

Pero obviamente teremos que seleccionar un cartafol que estea no noso espazo persoal, no espazo do grupo ou do sitio.

Escollemos o cartafol. Na páxina veranse tódolos ficheiros que están incluídos no cartafol

 

Elemento 9. Contido externo. Google apps

Moitos docentes empregan Drive de Google para almacenar os seus ficheiros, e incluso para crear os exames, apuntes etc. Neste exemplo, imaxinemos que queremos ter a man un conxunto de enlaces de interese, que os iremos modificando no tempo. Para iso creamos un documento en drive:

E seguidamente vamos a Arquivo/Publicar na web. Con iso obtemos un enlace público ao documento:

Xa de volta ao Agueiro, arrastramos o artefacto Google Apps á última cela

E pegamos o contido do enlace que obtivemos no paso anterior

O resultado queda como sigue: