Configuración do control de amigos.


Clic en buscar amigos

No recadro da dereita facemos o control da configuración de amizade.

 

Crear invitacións de amizade


Clic en buscar amigos

Aparece un listado dos usuarios da comunidade. Escollemos o usuario ó cal queremos facerlle unha solicitude de amizade, en enviámoslla

Podemos engadir algún argumento de forma opcional

 

Ao destinatario chegaralle un aviso ao buzón     

 

Pero ademais aparecelle un aviso na fiestra do usuario, no taboleiro:

E por suposto, pode aceptala ou denegala, en función da configuración elixida no "Control de amigos"

Unha vez que dous usuario son amigos, ao pinchar en "Buscar amigos" xa se pode facer un filtrado dos amigos. Tamén na páxina do perfil, que como mínimo a compartimos coa comunidade, un usuario pode facer visibles as amistades que posúe.

Eliminar amizade


Ao finalizar o curso escolar, é habitual que moitos compañeiros deixen de traballar debido a que remataron o contrato, ou ben marchen para outro centro. Tamén un docente ten como amigo a un alumno, pode que remate a etapa educativa. Por mor diso, podemos eliminar o contacto como amigo.

Pódese facer desde o listado de amigos:

Ou tamén visitando a páxina do perfil do amigo

 

Envío de mensaxes


O usuario pode configurar se quere recibir mensaxes de Agueiro.

Pero ademais, nos axustes da conta tamén se pode definir o xeito no cal nos pode avisar Agueiro, tal e como aparece na práctica 01, na que se estudou a configuración do perfil do usuario

Para o envío simplemente clic en enviar mensaxe desde a páxina do perfil do usuario, desde o listado de amigo.

Envío de mensaxes ao muro


O muro é un medio de intercambio de información entre usuarios. O muro só está na páxina de perfil, e non se pode engadir a calquera outra páxina.

As mensaxes que se envían ao muro poden ser públicas ou ben privadas.