A. Pesonalización do perfil

 

O Administrador (seguramente que sexa o Coordinador tic do centro), xa nos inscribiu na Comunidade, e nos asignou un perfil. Se eres docente terás o perfil de xestor, e se eres alumno terás o perfil de Membro.

1.- Clic en "O meu perfil". Para iso o máis sinxelo é ir ao panel de control.

    NOTA. Poidera ocurrir que tiveras cerrado o panel de control. Para abrilo e novo debes de ir a axustes:

2.-  Engadimos unha imaxe de perfil.  

Se non tes a man ningunha imaxe de perfil, podes descargar calquera das seguintes:

 

 

E elixes por defecto a imaxe subida.

3.- Cubrimos os datos persoais no formulario

Nome e Apelidos, son os que engade o Administrador ao inscribirnos en Agueiro. Están bloqueados.

O ID Estudante, de momento non se emprega, xa que servirá no momento que se conecte Agueiro a Moodle para a identificación dos usuarios nas dúas plataformas.

Nome a mostrar. Ven a ser o nome de pila que queremos amosar na rede:

4. Continuamos con información de contacto. Neste apartado podemos engadir unha nova conta de correo electrónico.

5. Mensaxería

6. Xeral

 

B. Control de avisos

Podemos configurar Agueiro para o control de avisos, tanto no correo como na bandexa de entrada.

1. Configuramos a posibilidade de que outros usuarios da rede nos poidan enviar mensaxes ao correo electrónico. Para iso vamos a axustes da conta:

 2. Avisos do sistema. Podemos configurar o modo no cal queremos que nos avise agueiro. Por exemplo, eu priorizo que as mensaxes doutros membros sexan enviadas ao correo e eu teña aviso das mesmas no smartphone. Pero as prioridades é algo moi persoal.