O elemento Portafolio de Agueiro, é a ferramenta coa que podemos deseñar páxinas cos rescursos da nube persoal do usuario e que permite compartir con outros usuarios, grupos de usuaros, comunidade ou ben facer públicos os contidos a través de Internet. 

Falamos de PERMITIR, pero para iso debemos de configurar de forma axeitada os permisos. Por defecto unha páxina creada no portafolio será privada, agás a páxina do perfil do usuario que será visible para os membros da comunidade.