En Agueiro o usuario ten contidos que son privados: páxina do taboleiro e os contidos na nube, e outros elementos que poden ser visibles por diferentes usuarios, como as páxinas do portafolio. Aquí tamén hai unha excepción. Trátasa da páxina do perfil do usuario, que sempre é visible para os membros da mesma comunidade (do centro).

O usuario pode configurar as opcións de privacidade en:

E aparece esta nova xanela, na cal podemos configurar con quen queremos compartir a páxina, e en que horario:

 

 

Apartado 1. O usuario elixe a páxina que quere compartir.

Apartado 2. Escolle con quen a quere compartir: coa comunidade, cos grupos ou ben cun usuario determinado. Ao darlle un clic no +, os usuarios ou gupos que elixamos aparecen no cadro 4. Preséntanse varias opcións:

a. Compartir coa comunidade

b. Compartir con tódolos grupos dos que usuario forma parte (sexa o administrador do grupo, ou membro), ou ben cun grupo específico do que forma parte.

d. Cun usuario específico

No punto nº2 aparecen os amigos do usuario, pero tamén se pode buscar calquera usuario da rede Agueiro (calquera centro de Galicia). Esta opción é moi interesante, pois un docente pode compartir unha unidade didáctica cun compañeiro da especialidade de calquera centro.

Apartado 3. Opcións avanzadas

a.- Temos a opción de que os usuarios cos que compartimos a páxina poidan facer comentarios sobre a mesma. Se pinchamos en Moderar comentarios, o dono da páxina será o que valide o comentario, antes de facerse público.

b.- Como comentamos no apartado 2, o usuario pode compartir a súa páxina, ou calquera páxina dos grupo no que está inscrito, con calquera usuario da rede Agueiro. Se fai clicamos en Permitir copia,  calquera usuario pode copiar a páxina, para poder personalizala posteriormente.

ATENCIÓN.


Se un docente crea unha páxina de grupo cos seus alumnos, ten que ser consciente que un alumno pode compartir esta páxina con calquer usuario, incluso permitindo a copia da mesma, para refacela con outro nome. Se o docente o que quere é crear uns contidos que quere que os seus alumnos o visualicen, pero que non poidan a súa vez compartir estes contidos con terceiros, o docente terá que facer a páxina no seu espazo persoal, e non no do grupo, para posteriormente compartila co grupo (sen activar o check de "Permitir a copia".


 

Apartado 4. Neste recadro quedará reflexado os usuarios cos cales compartimos a páxina, incluso limitando as datas nas que vai estar visible, e o horario. Unha aplicación das datas é cando estamos aproveitando dun ano para outro as unidades didácticas, e podemos ir organizando a visualziación das unidades didácticas, segundo vai avanzando o curso académico.