Unha vez que o un usuario ten a súa conta en Agueiro, xa dispón dun espazo para traballar na nube. Deste xeito o usuario disporá dun espazo para gardar ficheiros, ao estilo de Dropbox, un sitio no cal pode publicar o seu currículo ou a posibilidade de publicar blogs ou páxinas web, dun modo moi  sinxelo, empregando os artefactos.

1. Os meus ficheiros

Na actualidade tódolos usuarios de Agueiro dispoñen de 500 mb para o seu uso privado. Ningún usuario pode ver este espazo, agás o Administrador.

 

Para acceder aos meus ficheiros, debemos de facer clic en:

Deste xeito accedemos a un xestor de ficheiro moi sinxelo, co cal podemos crear unha estrutura de carpetas e subilos ficheiros correspondentes. Tamén nos da ofrece a posibilidade de engadir a licenza correspondente aos ficheiros, se o desexamos.

Para subir ficheiros:

 

Para crear a estrutura de carpetas:

Con un clic en "Descargar contido de cartafol como un ficheiro zip",  o usuario pode facer unha copia de seguridade de tódolas carpetas e arquivos do seu espazo.

2. O meu currículo

 

Para acceder pódese facer a través do panel do control, pero tamén pinchando en contidos/Currículo

Pódese engadir un currículo moi completo, incluso a carta de presentación. Está pendente de engadir o Currículo Europass, coa posibilidade de exportar a diferentes formatos e de engadir unha url segreda, para compartir coas empresas como solicitante de emprego.

 

3. Os meus blogs 

Un usuario Agueiro pode ter un ou varios blogs para ter información que nun principio é privada, salvo que o usuario decida compartila. Para ter a posibilidade de crear varios blogs e non só un que é a opción por defecto, ten que configuralo en axustes:

 

Para acceder os blogs o usuario pode facelo a través do panel de control ou pinchando en cotidos/Blog

 

O primeiro que debe de facer o usuario é crear o blog, sempre que nos axustes escollera a opción de múltiples blogs. Senón configurou esta opción, Agueiro crea un blog por defecto. Neste caso o docente ten dous blogs creados no seu espazo privado. O blog que trata da Economía Azul vaino compartir coa súa comunidade, sen embargo o blog Seguimento de titoría quere que sexa privado, pois pode editar datos sensibles.

E seguidamente pasa a configuralo, para posteriormente engadir entradas. No caso de que se prentenda compartir o blog, deberíanos de especificar o tipo de licenza.

 

Como se engade unha entrada?

Quen visualiza esta entrada de blog?

O usuario xa creou o blog e xa engadiu unha entrada. Pero quen a pode visualizar?  Só o usuario. Pero para casos moi excepcionais, e deixando constancia da razón pola que accede ós contidos o Administrador da comunidade tamén pode acceder aos contidos dun usuario. Ademais o usuario recibirá un aviso de que o Administrador abreu unha sesión co usuario en cuestión.

 Para acceder o Administrador á conta de usuario profesor.modelo, faríao mediante o seguinte enlace:

Polo tanto, salvo algo excepcional e motivado, só o usuario pode visualizar o seus contidos. Deste xeito a información que endadimos no blog de titoría só o pode visualizar o usuario.

 

Como facer visible unha entrada de blog con outros usuarios?

 Hai varias opcións. 

a. Engadir a entrada de blog á páxina de perfil do usuario

A máis sinxela é engadir a entrada de blog (ou ben o blog enteiro), á páxina de perfil do usuario. Deste xeito, cando outros usuarios consultan o noso perfil poden visualizar o que imos engadindo ó blog.

Para iso:

E editamos a páxina do perfil

  Agora arrastramos a entrada do blog á páxina do perfil, e á zona que desexemos:

Que é o que visualizan os outros usuarios da Comunidade, cando miran o perfil dun usuario?

En primeiro lugar, para chegar ao perfil do usuario, vaise a Grupos / os meus amigos (no caso de que sexan amigos os usuarios), ou ben Grupos/ buscar amigos, no caso de que queiramos visualizar o perfil dun usuario da comunidade. 

E entramos a páxina do perfil do amigo, e visualizaremos algo, sempre e cando o amigo nas opcións de "Compartir", compartira a páxina coa comunidade, ou cos amigos.

 

b. Engadir a entrada de blog a calquera páxina e seguidamente o usuario comparte a páxina.

 

 

 

 

4. Plans

Os plans serven para establecer un orde e unha programación por datas na realización de tarefas.

Para acceder

Para a súa creación, dámoslle un nome:

E seguidamente asignámoslle tarefas a ese plan

Nas tarefas, en primeiro lugar sinalamos o nome da tarefa, a data límite na cal debería de estar rematada. Unha vez que se remate (antes de prazo ou ben depois), activamos o check de "Terminada".

E continuamos agregando tarefas ata rematar o plan, que pode quedar algo así:

Cando unha tarefa xa esta rematada, aparece o check de validación. Sen embargo, cunha tarefa xa estamos fora de prazo aparece o signo de admiración, en cor vermello.

Se queremos compartir o plan cos alumnos, o único que debemos de facer é crear unha páxina compartida, na cal engadimos o artefacto plan.