Engadir usuarios ao grupo

Preséntasenos multiples opcións, sen embargo é conveniente despexar algunhas dúbidas:

Cantos roles diferentes teñen os usuarios dos grupos?

1.- Rol Administrador. É o usuario que creou o grupo. A súa vez este usuario pode ser un Xestor (docente) da comunidade ou un Administrador da comunidade. Polo tanto non ten nada que ver un Administrador da comunidade, con un administrador do grupo. Facendo un paralelismo, coa finalidade de clarificalo, podemos velo deste xeito:

O director do centro é o administrador do centro, e é o que decide sobre a xest ión dos elementos comúns ao centro, pero non mete na administración do grupo, xa que iso é responsabilidade do docente. Un docente de tecnoloxia é o administrador do taller de tecnoloxía, pero non decide cousas relacionadas cos elementos comúns do centro.  Pode ocurrir,  que o director sexa tamén o docente dun grupo. Neste último caso, sería o administrador do centro e o administrador do grupo.

2.- Rol titor. O usuario titor só modera os grupos, controlando e supervisando os contidos.

3.- Rol usuario. Non ten privilexios.

Quen pode engadir usuarios a un grupo?

Só o Administrador do grupo pode engadir usuarios a o seu grupo. Debemos de ter claro que non ten porque ser a mesma persoa o Administrador da comunidade co Administrador o grupo. De feito un grupo pode estar formado por varios usuarios de comunidades diferentes, sen ser ningún deles administradores da súa propia comunidade.

Quen pode formar parte dun grupo?

 

A. Usuarios da mesma comunidade

 

B. Usuarios de diferentes comunidades

 

 Procedemento para agregar usuarios:

 

A súa vez preséntasenos varias formas para agregar usuarios ao noso grupo. A primeira delas é engadindo un usuario sen o seu consentimento e a segunda e convidando.

 

Se te engaden a un grupo, non recibirás notificación de ningún tipo, e xa formarás parte dese grupo. Se o grupo non é da túa comunidade pasa exactamente o mesmo. No caso de ser un erro, e quedamos engadidos a un grupo no cal non queremos estar, solucionaremolo empregando os foros do grupo e solicitando a baixa. Seguramente non sexa moi lóxico o funcionamento, e para usuarios doutras comunidades sería conveniente que só funcionara por invitación.

 

No caso que se convide o usuario recibirá unha notificación na rede, e ademais recibirás un correo electrónico:

E o contido do correo é o seguinte:

Como podes observar, podes aceptar a invitación ou ben rexeitala.

 

1.- Obrigar a un usuario da comunidade a pertencer a un grupo

Cando creamos un grupo debemos de ter en conta se precisamos esta opción. Nun centro de ensino penso que sí é necesario. Para iso, nos axustes do grupo debemos de ter marcado o check de "Controlado"

 

Para asignar un usuario ao grupo, seguimos os seguintes pasos:

 

2.- Convidar a un usuario da comunidade ao noso grupo. Neste caso non o obrigamos a formar parte do grupo. Esta configuración sería a que empregaría para un clube de lectura da biblioteca do centro.

3. Engadir ou convidar a membros doutras comunidades (de toda a rede Agueiro)

 

Fixándonos no punto 4 vemos que temos a opción en engadir moitos usuarios e xunto enriba aparece a opción de enviar múltiples invitacións, sendo o proceso idéntico. Se queremos engadir sen ir ao cadro de engadir múltiples, podemos introducir o nome na caixa de texto e clic en buscar.

 Nesta última fiestra (a de engadir membros), pasamos á fiestra da dereita os usuarios que queremos que formen parte do noso grupo. No caso de múltiples invitacións, a fiestra é similar.

 

Pero o certo é que se queremos facer unha experiencia didáctica entre varios centros o lóxico sería que o grupo o formara un docente do centro educativo A, e este docente agregara ao grupo os seus alumnos, así como o docente do centro educativo B, con rol de Administrador de grupo. Deste xeito o docente do centro educativo B agrega os seus alumnos. Deste xeito o grupo estaría formado por alumnos do A, do B, e os dous docentes, que son os administradores do grupo. Por suposto, este procedemento pódese facer con máis centros.

 4.- O usuario fai unha solicitude para formar parte do grupo

O primeiro que debemos de ter claro é que un usuario poderá facer unha solicitude para formar parte dun grupo sempre este grupo sexa visible e ademais o administrador do grupo teña configurada a opción de poder recibir solicitudes de participación.

Ao solicitar a pertenza a un grupo, o administrador recibirá unha notificación coa solicitude de afiliación, pero como sempre poderá aceptar ou rexeitar.

5.- O grupo está aberto, e calquera usuario da comunidade ou doutras comunidades pode agregarse a él.

 Podemos crear un grupo aberto para se poida agregar calquera usuario de calquera comunidade. Por exemplo esta configuración podémola empregar cando queremos crear un clube de software libre para todos os centros de ensino de Galicia, e procuramos o maior número de usuarios posibles. Obviamente levará aparellado un maior traballo na moderación dos foros.

No axuste do grupo debemos deixalo asi: