Tentar comparar un recurso informático cun centro é simplemente ridículo. Establezo unha comparativa co obxectivo de afianzar a terminoloxía de Agueiro.

 

ELEMENTO 1. COMUNIDADE-CENTRO

O conxunto de alumnos e docentes dun centro forman a Comunidade en Agueiro. Polo tanto tratarase case como sinónimos comunidade con centro. Por norma xeral os rapaces só se poderán comunicar coa mensaxería interna, ou ben coa rede social cos alumnos da súa comunidade, agás que se creen grupos entre varios centros.

 

ELEMENTO 2. GRUPOS

O sistema educativo organiza os centros en grupos de aprendizaxe por niveis: 2ºA, 3ºA, etc. En Agueiro, calquera profesor (perfil de xestor), pode crear os grupos que queira, seguindo o criterio que desexe: 2ºA, 3ºA, club de lectura, tutor-profesor 2º bac, etc.

Atopamos unha diferenza na organización dos grupos en Agueiro con respecto aos grupos dos centros educativos. Trátase do organigrama. En Agueiro mantense unha estrutura horizontal. Deste xeito, dentro dun grupo o docente é un máis do grupo. Por poñer un exemplo, un ficheiro do grupo tanto o pode compartir con terceiros o docente como calquera alumno do grupo, non sendo o docente o propietario dos documentos, nin tendo a posibilidade de limitar estes aspectos.

Polo tanto, unha comunidade está formada por grupos e usuarios, co rol que lle pertenza.

 

ELEMENTO 3. DIRECTOR DO CENTRO-ADMINISTRADOR

Aínda que é difícil establecer unha comparación entre o director dun centro educativo cun administrador dunha comunidade, vamos tentalo, co obxectivo de atopar certa similitude.

O director do centro é o encargado de organizar os espazos comúns, e o responsable da área administrativa, como é o control de petición de profesorado ou a matriculación dos alumnos, así como o orde xeral de organización do centro.

En Agueiro o administrador da comunidade, que normalmente será o coordinador tic/Abalar do centro, cumpre un pouco esas funcións tamén. 

Administra usuarios: engade usuarios, supéndeos, etc

Administra os grupos:

Configura e ten información estatística da comunidade:

 

ELEMENTO 3. DOCENTE-XESTOR

A misión é a mesma, ensinar. Pero hai algún rol que presenta o xestor e que non ten o docente nun centro educativo. En Agueiro os docentes, que o administrador da comunidade lle asigna o perfil de Xestor, poden crear grupos, e asignar aos grupos os alumnos que desexen.  Pero o certo é que salvo a administración dos grupos, non ten máis privilexios con respecto a un membro (un alumno).

 

ELEMENTO 4. ALUMNO-MEMBRO

En Agueiro un alumno ten o perfil de membro, que é o perfil por defecto cando o administrador da comunidade os inscribe. É a figura principal en Agueiro, pois é usuario que se ten que manter activo en todo momento, construíndo a súa aprendizaxe.