Creación dos grupos

 

Quen pode crear os grupos?

Os grupos poden ser creados polo usuario Administrador da Comunidade ou ben por calquera docente da Comunidade, xa que conta cos permisos de Xestor.

 

Como se crean?

Poñemos o nome ao grupo e dunha pequena descripción do mesmo. En canto aos axustes, temos moitas opcións. Sen embargo penso que as opcións por defecto xa son as correctas, pero engadiría o check a participación oculta.  Polo tanto eu deixaríao como Grupo oculto, participación oculta e informe de participación.

Pero, coma sempre, non hai nada escrito ao respecto, e é diferente que a finalidade grupo sexa para traballar unha actividade común ao centro, que unha unha aula específica. Iso corresponde aos centros decidilo, segundo as súas preferencias.

Unha vez creado o grupo coas opcións que elixamos podemos volver a editar as opcións, ou ben borralo grupo. Polo tanto, ir probando os diferentes axustes dos grupos resulta moi cómodo.

Como se accede aos noso grupos?

A forma máis sinxela é a través o cadro do usuario. Alí temos tódolos grupos aos que pertencemos.