Para que quero ter amigos? 

Un usuario de Agueiro ten uns aspectos ou elementos que son totalmente privados. Pero ademais ten outro tipo de contidos que agrega ao portafolios, que os pode facelos visibles: á comunidade, ó grupo no que está inscrito, aos amigos ou ben a todo o mundo. Incluso os pode facer totalmente visibles desde internet, empregando asURL segredas. Ver opcións de privacidade

Parece claro que cando un usuario fai públicos, para a todoa a comunidade, os seus contidos non é necesario que sexamos amigos para ver estes contidos (esta é a opción elixida por defecto en Facebook).

 

 

Pero ademais de disto, as relación de amizade presenta as seguintes vantaxes:

a. Que un usuario de Agueiro sexa o noso amigo suponnos unha maior axilidade á hora de invitalos a un grupo ou enviarlle unha mensaxe.

 

E como non, un usuario pode visualizar as súas amizades no taboleiro ou na páxina de perfil do amigo, desde a cal podemos enviar unha mensaxe, encribirlle no muro, etc.

 b. Un usuario pode restrinxir no apartado de Axustes a recepción de mensaxes só dos seus amigos . Polo tanto pode ocurrir que a única maneira de que un usuario reciba as nosas mensaxes é sendo o noso amigo.