Alumnos

Quen pode dar de alta os alumnos na Comunidade?

Só o pode facer un usuarios con dereitos de administración na Comunidade.

Un profesor non pode dar de alta os usuarios. O que sí pode facer é crear un grupo, e engadir os alumnos ou a outro profesor nese grupo, e otorgar os permisos que considere oportunos.

 

Existen dúas modalidades para dar de alta aos rapaces. A primeira delas é a manual, mediante a cal se dan de alta un a aun. E a segunda delas é por lotes, creando un ficheiro CSV.

 

A. Manual

 

  1. Inicia sesión en Agueiro un administrador da comunidade
  2. Entrar no menú "Administrar - Usuarios/as - Engadir Usuario"
  3. Introducir os seguintes datos reais do alumno/a:
    - Nome
    - Apelidos
  4. Introducir o correo electrónico do alumno.
    O identificador de correo electrónico do alumno será sempre o seguinte:
    nome.apelidos@codigocentro.es
    Onde "nome.apelidos" serán o nome e apelidos reais do alumno e "codigocentro" será o código real do centro.
  5. Introducir os seguintes datos de acceso para ese alumno:
    - Nome de usuario = o mesmo que se introduciu para o correo do alumno (a parte que vai antes da "arroba" @)
    - Contrasinal = unha estándar (no primeiro acceso, o alumno/a deberá cambiar este contrasinal).

 

NOTA. Queda claro que os usuarios da rede non recibirán avisos nesta conta de correo, xa que a conta é inventada. Sen embargo teñen posibilidade de engadir unha segunda conta de correo, na cal sí recibirán as posibles notificacións. Para engadir esta nova conta de correo farano en: O meu perfil/Información de contacto.

 

B. Por lotes (ficheiro CSV)

Cando hai que introducir moitos alumnos, resulta moito máis cómodo facelo empregando un ficheiro CVS. Para a creación do ficheiro CVS, seguramente o máis cómodo sexa empregar unha folla de cálculo como Calc ou Excel. Pero o certo é que tamén se pode facer un editor de texto plano como o bloc de notas, leafpad, etc. O que sí é improtante é que a codificación dos caraceres do ficheiro sexa UTF-8.

A primeira liña deste ficheiro conterá o título dos campos a cubrir separados por comas, da seguinte maneira:

username,password,email,firstname,lastname

Na segunda liña e seguintes, introdúcense os datos do usuario que corresponden aos campos anteriores e separados por comas.
En cada liña débense introducir os datos dun único usuario, da seguinte maneira:

pedro.lopez.perez,123456,pedro.lopez.perez@22000000.es,Pedro,López Pérez
maria.fernandez.gomez,123456,maria.fernandez.gomez@22000000.es,María,Fernández Gómez

Xa no Agueiro:

  1. Deberáse crear un ficheiro de texto con formato CSV, que incluirá os datos dos usuarios que se desexa dar de alta.
  2. Inicia sesión en Agueiro un administrador da comunidade.
  3. Entrar no menú "Administrar - Usuarios/as - Engadir usuarios por CSV"
  4. Pulsar no botón "seleccionar archivo" e seleccionar o ficheiro CSV que contén os datos dos usuarios que queren dar de alta.
  5. Finalmente, pulsar o botón "Engadir usuarios por CSV"

 

Se un alumno esquece o seu contrasinal podemos resetealo