Alta da comunidade

 

 

Para solicitar a alta da comunidade no teu centro, debes de solicitalo. A maneira máis rápida é a través do teu asesor de zona. Polo tanto, a alta en Agueiro non se fai de maneira automática, polo que se debe de solicitar.

 

Pero que é a comunidade?

 

Comunidade é sinónimo a centro educativo. Os integrantes da comunidade poden ser alumnos ou docentes do centro do ensino, tanto sexan de primaria ou secundaria.

Na rede social, os rapaces e docentes só poderán interactuar cos membros da súa comunidade, xa que non terán comunicación con outras comunidades.

 

 

Pero á súa vez os centros educativos están formados por grupos: 1ªA, Redacción do Xornal, Clube de Lectura, etc. Pois En Agueiro tamén se organiza a comunidade en grupos. Podemos crear tantos como queiramos: Inglés 5º, Mamáticas 2º Bac , etc.

 

 

 

Pero Agueiro aínda vai máis aló, xa que permite crear un grupo ao que pertenzan alumnos de varias Comunidades, por exemplo para un traballo colaborativo entre dous os máis centros.

 

Cantos roles hai na comunidade?

 

Administrador da comunidade. Pode haber un ou varios, pero en xeral só será o Coordinador Abalar do Centro. O Administrador será o encargado de matricular os usuarios, asignarlle o rol e pode exercer un control nos contidos, incluso dos privados.

 

Xestor. Tamén pode haber un número ilimitado. Neste rol entran os docentes da comunidade. Os docentes poden crear os grupos, pasando a ser Administradores do grupo (non da comunidade).

Membro. Son os alumnos. Eles non teñen privilexios de administración e tampouco poden crear grupos.