Que é Agueiro?

Agueiro é unha plataforma en liña, basada en Mahara, que combina un sistema de portafolios cunha comunidade virtual. É unha ferramenta que permite que tanto docentes como alumnos teñan un papel activo na apredizaxe, ademais de proporcionar unha canle de comunicación fluída.

Cales son os elementos pricipais?

 

  1. Un espazo na nube
  2. Un portafolio
  3. Unha rede social

 

E como funciona na aula?

Engadir recursos tics ao funcionamento normal da aula en xeral é positivo, aínda que con moitos matices, xa que é moi fácil que resulte un recurso tóxico o seu emprego. Unha das maneiras de evitar que o recurso non sexa de proveito para os rapaces é un cambio de metodoloxía, que obrigue a empregar de maneira activa estas ferramentas por parte dos alumnos, e como non, polos docentes. Entre estas metodoloxías destacan o traballo por Proxectos, os grupos de traballo e o traballo colaborativo e finalmente a publicación de contidos.

Un portafolio recolle os traballos que un alumno foi elaborando ao longo do curso. Os traballos deberían de levar unha xustificación e as reflexións do estudante sobre o proceso seguido e unha memoria que faga unha análise do produto final, co obxectivo de que o alumnos tome conciencia das competencias que logrou ao longo do proceso. Ao mesmo tempo, o portafolio é unha boa ferramenta para o docente para avaliar o proceso de aprendizaxe dos alumnos, e como non, como un elemento máis para a avaliación final. Con esta ferramenta, o proceso está centrado no alumno, eles teñen un papel activo. Os rapaces deciden cómo mostrar os contidos e con quen compartilos. Son eles os que establecen as relacións entre os membros da comunidade virtual, que favorecen o traballo en equipo desde a aula, e desde os seus fogares.


 

Setembro 2014.